O PP de Ponte Caldelas critica o alcalde por suprimir o Centro de Información á Muller

Ponte Caldelas
23 de decembro 2016

Para os populares "é una tomadura de pelo que o alcalde e o seu goberno despois de tomar a decisión de suprimir o CIM pretenda enganar ás mulleres do municipio decindolles que serán asesoradas algún día a semana, polo novo asesor xurídico do Alcalde, que non é experto en temas de violencia de xénero nin en nada que teña que ver con temas de igualdade"

Concello de Ponte Caldelas
Concello de Ponte Caldelas / Mónica Patxot

O Partido Popular de Ponte Caldelas critica o alcalde por suprimir o Centro de Información á Muller (CIM).

O CIM leva funcionando mais de 10 anos no Concello de Ponte Caldelas, recordan os populares. Foi posto en marcha polo anterior alcalde Perfecto Rodríguez sendo un "servizo de referencia en toda a comarca de Pontevedra".

Para os populares "é una tomadura de pelo que o alcalde e o seu goberno despois de tomar a decisión de suprimir o CIM pretenda enganar ás mulleres do municipio decindolles que serán asesoradas algún día a semana, polo novo asesor xurídico do alcalde, que non é experto en temas de violencia de xénero nin en nada que teña que ver con temas de igualdade". 

O PP de Ponte Caldelas pregunta se o goberno local quere enganar a alguén con esta medida "¿Ou é que toman por parvas ás mulleres do municipio?" e suliñan que o CIM supoñía un servicio integral con profesionais preparadas na materia, con asesoramento todolos días da semana.

"Tanto presumir de goberno progresista, moito facerse fotos con camisetas contra a violencia de xénero, pero son o primerio concello de toda Galicia que suprime un Centro de Información a Muller, unha absoluta vergoña", afirma nun comunicado o PP.