Ponte Caldelas, sen CIM

Susana López Abella coa presidenta de Asocim e dúas traballadoras do CIM de Ponte Caldelas

Igualdade convoca a Andrés Díaz a unha xuntanza para reabrir o CIM de Ponte Caldelas

07/07/2017
Ponte Caldelas

A Xunta moveu ficha con respecto á situación do Centro de Información á Muller (CIM) de Ponte Caldelas. A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, considera necesario manter unha reunión co alcalde, Andrés Díaz, para tratar este asunto. Por carta, citouno o vindeiro venres 14 de xullo, ás 13.00...

PontevedraViva
Susana López Abella coa presidenta de Asocim e dúas traballadoras do CIM de Ponte Caldelas

O Concello de Ponte Caldelas presenta recurso contra a sentenza sobre o persoal do CIM

11/05/2017
Ponte Caldelas

O goberno local de Ponte Caldelas formalizou o recurso de súplica diante da sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) contra a sentenza emitida polo xulgado do social número 3 de Pontevedra que declara a existencia de relación laboral coas traballadoras autónomas contratadas polo anterior equipo...

PontevedraViva
Andrés Díaz, alcalde de Ponte Caldelas

A Xunta iniciou o expediente para a extinción do CIM de Ponte Caldelas

27/04/2017
Ponte Caldelas

A Xunta de Galicia vén de iniciar, a través da Secretaría Xeral de Igualdade, o correspondente expediente para a extinción do Centro de Información á Muller (CIM) de Ponte Caldelas, tras cumprirse máis de tres meses de inactividade neste centro. A asociación que aglutina ós profesionais dos CIM (ASOCIM) considera "imprescindible" o...

Oskar Viéitez
Comparecencia de cargos do Partido Socialista

Os socialistas reclaman á Xunta que asuma os Centros de Información á Muller

26/01/2017
Pontevedra

Os socialistas presentasen mocións en todos os concellos de Pontevedra para reclamar á Xunta que asuma os Centros de Información á Muller (CIM) "por ser a súa competencia". Na rolda de prensa, o secretario provincial do PSOE, Santos Héctor, compareceu acompañado das concelleiras de Pontevedra, Cambados, Poio, Ponte Caldelas, Forcarei, A...

Oskar Viéitez
Carmela Silva e José Cacabelos, diante do CIM do Grove

Carmela Silva reclama á Xunta un plan integral para os CIM de Pontevedra

25/01/2017
O Salnés

Os centros de información á muller (CIM) deben contar, segundo Carmela Silva, con recursos "suficientes" para atender todas as necesidades das súas usuarias, moitas delas vítimas da violencia machista. Por iso, reclamou á Xunta de Galicia que elabore un plan integral para atender este servizo, polo menos na provincia de...

PontevedraViva
Comisión Europea

Denuncian ante a Comisión Europea o peche do CIM de Ponte Caldelas

16/01/2017
Ponte Caldelas

Lídia Senra, eurodeputada galega, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica, ven de denunciar no Parlamento Europeo o peche por parte do Concello do Centro de Información á Muller (CIM) de Ponte Caldelas.  A europarlamentaria rexistrou este luns unha pregunta por escrito dirixida á Comisión Europea, na que...

Oskar Viéitez
Isaura Abelairas e Carmela Silva

A Deputación esixe á Xunta que redefina a situación dos CIM

10/01/2017
Pontevedra

A Deputación de Pontevedra, a través da deputada delegada en igualdade, Isaura Abelairas, esixe á Xunta de Galicia, que "configure unha rede integral e equilibrada" de Centros de Información á Muller en todos os concellos da provincia "para que todas as mulleres, independentemente de onde vivan, teñan acceso aos mesmos...

PontevedraViva
Carmela Silva, presidenta da Deputación

Carmela Silva non acepta "ningunha lección" en materia de igualdade de Rueda nin do PP

09/01/2017
Ponte Caldelas

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, asegurou que non acepta "ningunha lección" en materia de igualdade nin do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, nin de "ninguén do PP", xa que "nunca se reflectiron como axentes activos na igualdade das mulleres, máis ben todo o contrario". Na rolda de prensa posterior á...

Oskar Viéitez
Visita de Alfonso Rueda ao CIM da Lama

Rueda ve "bastante absurdas" as explicacións de Ponte Caldelas sobre o peche do CIM

04/01/2017
Ponte Caldelas

O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, visitou este mércores o Centro de Información á Muller (CIM) que comparten os municipios da Lama, Fornelos de Montes e Cerdedo-Cotobade para recoñecer e dar coñecer o traballo do servizo e das súas dúas traballadoras e, de paso, aproveitou para manifestar a...

PontevedraViva
Cores Tourís e Susana López Abella

O goberno local de Ponte Caldelas pide a destitución inmediata da secretaria xeral de Igualdade

03/01/2017
Ponte Caldelas

O equipo de goberno municipal insta ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, a "destituír inmediatamente" á secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, por "ter insultado persoalmente ao alcalde" falando dunha suposta "conciencia machista" como causa da reestruturación do servizo de atención á muller.  Nun comunicado emitido polo...

Oskar Viéitez
Marián García (centro) e Ricardo Castro na sede provincial do PP

O PP levará ao Parlamento o "irresponsable" cese na actividade do CIM de Ponte Caldelas

30/12/2016
Ponte Caldelas

A partir deste venres 30 de decembro o Centro de Información á Muller (CIM) de Ponte Caldelas deixará de funcionar, segundo o PP pola "irresponsable" xestión do actual equipo de goberno do municipio -PSOE, BNG, AVP- e, segundo o alcalde, pola "pésima xestión" do anterior executivo 'popular'. Causas aparte, o...

Natalia Puga
Mónica Patxot
Concello de Ponte Caldelas

O PP de Ponte Caldelas critica o alcalde por suprimir o Centro de Información á Muller

23/12/2016
Ponte Caldelas

O Partido Popular de Ponte Caldelas critica o alcalde por suprimir o Centro de Información á Muller (CIM). O CIM leva funcionando mais de 10 anos no Concello de Ponte Caldelas, recordan os populares. Foi posto en marcha polo anterior alcalde Perfecto Rodríguez sendo un "servizo de referencia en toda a...

Oskar Viéitez
Vista aérea de Ponte Caldelas

O CIM de Ponte Caldelas disporá dun servizo integral de asesoría legal

22/12/2016
Ponte Caldelas

Ante a imposibilidade de continuar prorrogando o contrato de servizos coa avogada e a psicóloga que atendían o Centro Información á Muller de Ponte Caldelas, o goberno local tomou a determinación de contratar un servizo integral de asesoría legal para todos os veciños durante un día á semana.  O servizo atenderá...

PontevedraViva