O PP de Pontevedra comeza a perfilar as súas propostas electorais co Consello Consultivo e de Participación da formación

Pontevedra
30 de agosto 2022

Á reunión de traballo acudiu o candidato popular Rafael Domínguez, que lles transmitiu a "ilusión e ganas de traballar pola cidade", así como o seu agradecemento pola colaboración

Reunión do Consello Consultivo e de Participación Local do Partido Popular de Pontevedra PP Pontevedra

O Partido Popular de Pontevedra comeza a perfilar as súas propostas electorais para as municipais de 2023. Fíxoo a través da primeira reunión do Consello Consultivo e de Participación Local do Partido Popular de Pontevedra.

Ao encontro acudiu o candidato popular Rafael Domínguez, que lles transmitiu a "ilusión e ganas de traballar pola cidade", así como o seu agradecemento pola colaboración.

O comité está formado por Rosanna López Salgueiro, ex Directora Xeral de Comunicación Social e Audiovisual e ex Delegada Provincial da Consellería de Cultura, Politóloga e Socióloga; María Cobián Mosquera, avogada e CEO de "Asesoría María Cobián y Asociados"; Remedios Pérez González, funcionaria do corpo superior da Administración Local e Especialista en Estatística e Proxectos Europeos; Susana Alfonso Freijeiro, avogada especialista en Dereito Civil, Penal e Urbanístico e representante ante a Xunta Electoral en varios procesos de eleccións; Jesús Rey Rodríguez, Graduado en Ciencias do Traballo, Relacións Laborais e RR.HH., experto en Recursos Humanos, Director Adxunto Grupo J.Rey Asesores, Presidente en AJE Pontevedra; Valentín (Tino) Domínguez Fernández, xornalista, experto en comunicación pública e ex xefe de Comunicación e RR.EE en Portos de Galicia; e, Javier Pazos Carballido, sanitario e ex Presidente de Novas Xeracións e ex concelleiro do Partido Popular no Concello de Pontevedra, persoa activa en diversas asociacións e foros na cidade de Pontevedra.

O Comité organizou e plasmado nun calendario as reunións que manterá o Consello, xunto co candidato popular, con institucións, asociacións e organizacións pontevedresas, para os próximos comicios municipais.