O PP de Pontevedra considera que o Camiño é unha oportunidade económica que pode xerar emprego

Pontevedra
23 de setembro 2018

Dentro da precampaña electoral na que xa está metido o Partido Popular, o previsible candidato á alcaldía de Pontevedra e actual portavoz muncipal Rafa Domínguez presentou este domingo a súa segunda medida dentro do seu programa "Pontevedra en Positivo", nesta ocasión enmarcada no Camiño Portugués

Membros do PP percorren unha etapa do Camiño Portugués PontevedraViva

Dentro da precampaña electoral na que xa está metido o Partido Popular, o previsible candidato á alcaldía de Pontevedra e actual portavoz muncipal Rafa Domínguez presentou este domingo a súa segunda medida dentro do seu programa "Pontevedra en Positivo", nesta ocasión enmarcada no Camiño Portugués.

Acompañado polo presidente provincial, Alfonso Rueda, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o presidente da Asociación de Amigos do Camiño Portugués, Tino Lores, membros da súa executiva e afiliados, Domínguez percorreu o tramo da ruta xacobea que atravesa polo municipio da capital.

"Debemos reivindicar el papel de Pontevedra como capital. Capital de la provincia, capital turística de las Rías Baixas y capital del Camino Portugués", sinalou o edil que se mostrou convencido de que a cidade necesita "maior presenza" e desenvolver o seu potencial.

Domínguez considera que o camiño "es una oportunidad que en Pontevedra no se está aprovechando como se debería. Una oportunidad turística, y al mismo tiempo, una oportunidad económica".

Para iso o presidente local dos populares considera primordial "tomar las medidas necesarias" para aumentar o número de pernoitas e o gasto dos peregrinos na cidade.