O PP fará "pellas" na comisión de Recursos Humanos polo silencio de Lores sobre a investigación da Fiscalía

Pontevedra
21 de febreiro 2015

O Partido Popular afirma que solicitou hai máis de quince días a convocatoria dunha comisión informativa para que o alcalde ofreza información clara sobre a investigación da mellora do alumeado público, que non vai incluído na orde do día da comisión de Recursos Humanos

Pleno da Corporación de Pontevedra Mónica Patxot

Os representantes do Partido Popular non asistirán á comisión de Recursos Humanos que se desenvolverá o próximo mércores 25 de febreiro debido á ausencia na orde do día do asunto sobre a investigación que desenvolve a Fiscalía en relación co proxecto de mellora da iluminación pública nos accesos a Pontevedra.

Segundo afirma o concelleiro César Abal, o Grupo Municipal do Partido Popular solicitou o 5 de febreiro ao alcalde que convocara unha comisión informativa e a pesar de que o concelleiro de Réxime Interior e Persoal respondeu nun escrito que se incluiría este asunto na orde do día.

"Non podemos consentir que Lores continúe ocultando información sobre a investigación que mantén en curso a Fiscalía. A política escurantista que ven practicando este goberno chegou ao seu límite", sinalou Abal.

Os populares denuncian a falta de transparencia do goberno local en temas importantes que "supoñen un custo para as arcas municipais" e aseguran que a pesar de solicitar por rexistro o informe da Fiscalía Provincial sobre esta investigación o 3 de febreiro, aínda non teñen acceso a este documento.