O PP local inicia unha campaña de recollida de comida para colaborar co Banco de Alimentos

Pontevedra
25 de maio 2020

O destino destes alimentos atópase naquelas familias con esas ou nulos ingresos, que se viron afectadas pola crise económica provocada polo espallamento da Covid-19. A iniciativa comeza este martes 26 de maio

Pepa Pardo, Rafa Domínguez e Gerardo Pérez Puga, do PP de Pontevedra (Arquivo)
Pepa Pardo, Rafa Domínguez e Gerardo Pérez Puga, do PP de Pontevedra (Arquivo) / Cristina Saiz

Este martes 26 comeza unha recollida de alimentos na sede do Partido Popular local de Pontevedra para familias con escasos recursos e que viron agravada a súa situación con motivo da expansión da enfermidade do coronavirus.

A recollida realizarase na sede desta formación política, situada na rúa Palamios, número 7, baixo. O horario establecido para a recepción será de 10.00 a 12.00 e de 17.00 a 19.00 horas. 

Segundo sinala Rafa Domínguez, presidente da agrupación local do PP, o propósito é achegar un gran de area axudando a persoas que atravesan un moi mal momento. O representante popular afirma que os concelleiros da súa agrupación farán quendas para estar sempre dispoñibles para atender a aquelas persoas interesadas en participar nesta acción de carácter solidario.

Quen queira realizar este acto solidario pode poñerse en contacto co Partido Popular a través do teléfono 986 84 38 04. Segundo sinala Domínguez, preparouse a sede para cumprir con todas as medidas de seguridade e hixiene pero solicitan ás persoas que realicen as doazóns de alimentos que acudan con luvas e máscara.

Todo o que se recade será entregado ao Banco de Alimentos de Pontevedra coa intención de colaborar con este organismo, que se encarga de distribuír a comida entre persoas necesitadas da provincia.