O PP pedirá un pleno extraordinario na Deputación para esixir a dimisión a Carmela Silva

Pontevedra
09 de decembro 2021

O portavoz do grupo provincial na Deputación, Jorge Cubela, anunciou a solicitude dun pleno extraordinario na Deputación para esixir a dimisión como presidenta de Carmela Silva, tras  a ratificación da condena polo Tribunal Supremo polo caso do enchufe da súa cuñada

Alfonso Marnotes, concelleiro do PP de Vigo e deputado provincial
Alfonso Marnotes, concelleiro do PP de Vigo e deputado provincial / Mónica Patxot

O portavoz do grupo provincial na Deputación, Jorge Cubela, anunciou a solicitude dun pleno extraordinario na Deputación para esixir a dimisión como presidenta de Carmela Silva, tras a ratificación da sentenza do Tribunal Supremo polo caso do enchufe da súa cuñada. 

O deputado provincial Alfonso Marnotes afirmou que "aquí lo único claro es que era cuñada de Carmela Silva y por eso Carmela Silva tiene que dimitir. Por decencia democrática".

O PP denuncia que "son delitos gravísimos en los que el perjudicado es el Concello de Vigo, los vecinos de Vigo, por un fraude de 108.000 euros  y son delitos que el Ayuntamiento no persiguió".

Por último, Alfonso Marnotes, engadiu que o Partido Popular quere que se dean explicacións no pleno da Deputación.  "Carmela Silva y el gobierno de Vigo han estado mudos e inactivos. Pues que no cuenten ni con nuestra complicidad ni con nuestro silencio", sentenciou.

Á petición de dimisión sumouse tamén Vox. O seu presidente en Pontevedra, Álvaro Díaz-Mella, considera "urxente e inaprazable" a renuncia de Silva a todos os seus cargos públicos.

"Dimitir debería ser un verbo que para os cargos políticos elixidos, con nóminas a cargo dos impostos de todos os españois, sexa de obrigado cumprimento, en canto a súa sospeita de neglixencia ou delincuencia sexa demostrada", sinalou.