O PP pide solucións ao "grave problema do estacionamento de Combarro"

Poio
03 de setembro 2017

Urxen ao concello a estudiar as medidas propostas polo PP como os leirapark e apuntan que "quedou demostrado que o plan de tráfico que propuxemos era necesario, pero non só durante os eventos"

Herdeiros da Crus no Armadiña Rock de Combarro Diego Torrado

O grupo municipal do Partido Popular de Poio pide solucións ao "grave problema do estacionamento de Combarro".

O concelleiro do PP Tucho Muíños pide que se aproveite a tempada baixa para planificar e evitar "un colapso que prexudica a veciños, negocios e visitantes".

Urxen ó concello a estudiar as medidas propostas polo PP como os leirapark e apuntan que "quedou demostrado que o plan de tráfico que propuxemos era necesario, pero non só durante os eventos".

Muíños advirte que se o Concello non atopa zonas de aparcamento "os propios eventos poden transformarse nun problema para os negocios" e recorda que durante os eventos "clientes con reserva, ante a falta de estacionamento, acaban por anular a reserva e marchar".