O PP preguntará pola creación do skatepark no vindeiro pleno

Pontevedra
06 de maio 2017

Novas Xeracións do Partido Popular denuncia que os afeccionados ao skate e á patinaxe na cidade levan máis dunha década reclamando a construción dunha instalación para a práctica destes deportes

Presentación do proxecto do PP para o skatepark de 12 de novembro
Presentación do proxecto do PP para o skatepark de 12 de novembro / PontevedraViva

A presidenta de Novas Xeracións do Partido Popular de Pontevedra, Seila Varela, acusa o goberno do BNG de estar a enganar de maneira sistemática aos usuarios de skates e patíns coa construción dunha pista para a práctica destes deportes. 

Varela afirma que levan máis dunha década escoitando promesas por parte do goberno de Fernández Lores sobre a creación destas instalacións deportivas. Neste sentido, sinala que o último anuncio foi en agosto de 2016 e, con todo, non hai novidades respecto diso

Os populares presentaran a súa proposta para esta obra prevista sobre a vía do tren na rúa Doce de Novembro cunha pista con diferentes elementos para que se poidan realizar os saltos e as acrobacias que reclama un amplo colectivo de mozos. Seila Varela indica que en marzo de 2016, ADIF cedeu o espazo ao Concello de Pontevedra para que realizase a obra.

Ante a falta de previsión de que se vaia a levar a cabo esta iniciativa, o grupo municipal do PP que encabeza Jacobo Moreira presentará no próximo pleno municipal unha moción reclamando a construción do skatepark.