O PP presentará emendas ao orzamento do Estado para "garantir unha maior e mellor recuperación da provincia"

Pontevedra
19 de novembro 2020

Os deputados nacionais do PP de Pontevedra rexistraron no Congreso emendas aos  PGE para "garantir unha maior e mellor recuperación da provincia e non consentir o agravio ao que o Goberno de Pedro Sánchez quere sometela"

Os deputados nacionais do PP de Pontevedra Partido Popular

Os deputados nacionais do PP de Pontevedra rexistraron no Congreso emendas aos  PGE para "garantir unha maior e mellor recuperación da provincia e non consentir o agravio ao que o Goberno de Pedro Sánchez quere sometela".

Por esta razón, presentaron un paquete de emendas "para combater de forma directa os efectos da pandemia", e reclaman "maior capacidade de xestión" para executar partidas cuxo contido xa quedou reflectido nos orzamentos aprobados polo PP en 2018.

"Neste momento é máis necesario que nunca unir forzas respecto a a capacidade de investimento que deben manexar as institución e en tratar de dar resposta aos problemas máis perentorios que se expoñen no 2021", sinala a deputada nacional María Ramallo.

Entre outras emendas, solicitan unha maior dotación nas partidas e execución do Nó de Bombeiros e tramos da circunvalación de Pontevedra, tamén reclaman unha "aposta clave e estratéxica" do Corredor Atlántico de mercadorías.

Ademais piden que a dotación dunha Unidade de Prevención e Reacción, "fundamental para dar apoio e servizo a Pontevedra cidade e a súa comarca".