O PP promete un plan de emprego, un novo PXOM, crear chan industrial e unha baixada de impostos

Pontevedra
31 de outubro 2018

Explicou que son medidas "urgentes y fundamentales", froito da rolda de contactos que nos últimos meses mantivo Rafa Domínguez cos distintos axentes económicos da nosa cidade

Presentación de Rafa Domínguez como candidato do PP á alcaldía de Pontevedra
Presentación de Rafa Domínguez como candidato do PP á alcaldía de Pontevedra / Mónica Patxot

O candidato de Partido Popular á Alcaldía de Pontevedra, Rafa Domínguez, presentou este mércores catro medidas en materia económica que incluirá no seu programa electoral e que considera que deberían ser asumidas "lo antes posible por parte del Concello".

Explicou que son medidas "urgentes y fundamentales", froito da rolda de contactos que nos últimos meses mantivo Rafa Domínguez cos distintos axentes económicos da nosa cidade e que están encamiñadas á "creación de oportunidades" e á "atracción de empresas" para poder facer fronte ao principal problema que sofre Pontevedra: o paro.

A primeira delas supón a elaboración dun plan estratéxico de emprego que permita marcar "nuestra hoja de ruta". A seguinte para pola elaboración dun novo PXOM porque "Pontevedra necesita mirar 30 años hacia delante y no 30 años hacia atrás".

O terceiro punto refírese á creación de novo chan empresarial e industrial "de calidad" e, por último, asegura que "se debe llevar a cabo una bajada generalizada de impuestos". 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora