O portavoz do grupo municipal do Partido Popular, Rafa Domínguez, criticou a "mala planificación" das paradas das dúas liñas de transporte urbano que hai na cidade de Pontevedra.
Nunha rolda de prensa celebrada este mércores, Rafa Domínguez valorou positivamente a posta en marcha deste servizo. "Es una buena noticia", dixo, pero lamentou que "se trata de un bus circular que no entra en la ciudad".
"Es algo positivo pero está mal elaborado" dixo Domínguez, sinalando ao Concello de Pontevedra como principal responsable deste deseño, a pesar de que foi consensuado coa Xunta.
Para o portavoz do PP local "no tiene sentido" que este transporte público non teña paradas fronte aos centros de saúde Virxe Peregrina ou A Parda ou ao Hospital Provincial.
"No es lógico que no llegue al Concello de Pontevedra y que no acceda al centro de la ciudad", engadiu. "Eso es un error de bulto".
Estas críticas son compartidas polas asociacións de veciñais da cidade, segundo indicou Rafa Domínguez.
Por este motivo os populares propoñen unha "reorganización urgente de las paradas" para facer este servizo máis atractivo e "útil", pois a percepción que teñen é que hai moi poucos usuarios do bus urbano. "Quiero aclarar que tanto las paradas, como las frecuencias, son competencia exclusiva del Concello", puntualizou.
Entre outras medidas, o PP suxire que se instalen marquesiñas para que "la gente no tenga que esperar bajo la lluvia a que llegue el bus" e tamén que se fagan campañas de información máis específica, en colexios, colectivos, asociacións de veciños, entre outros.
"Creemos que el Concello debe tomar nota porque no queremos que por una mala planificación se eche a perder un servicio que llevó tantos y tantos años tener", concluíu o portavoz do PP.