O PP quere converter ao coso de San Roque na "Praza de Todos"

Pontevedra
08 de xullo 2023

A secretaria xeral do Partido Popular de Galicia, Paula Prado, visitou este sábado xunto ao presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López, os traballos de montaxe do acto central de campaña dos populares na Praza de Touros da cidade. Estivo acompañada dos candidatos ao Congreso, Ana Pastor e Pedro Puy, e ao Senado, Pepa Pardo

Traballos de montaxe do acto central de campaña dos populares na Praza de Touros PP provincial

A secretaria xeral do Partido Popular de Galicia, Paula Prado, visita xunto ao presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López, os traballos de montaxe do acto central de campaña dos populares na Praza de Touros da cidade. Estivo acompañada dos candidatos ao Congreso, Ana Pastor e Pedro Puy, e ao Senado, Pepa Pardo.

Paula Prado manifestou que "mañá a Praza de Touros de Pontevedra será a Praza de Todos e o comezo do cambio que España necesita".

Pola súa banda Ana Pastor insistiu en que o 23 de xullo só hai dúas opcións: "votar a Feijóo o votar al sanchismo y al Gobierno Frankestein que tantos disgustos, malestar y enfrentamientos provocó".

E Luis López sinalou que "o mitin desta Praza é un reto complicado, ao alcance de moi poucos partidos ou practicamente ningún, e só é posible conseguilo gracias á implicación dos milleiros de militantes e simpatizantes que temos no PP".

A secretaria xeral do PPdeG indicou que 12.000 persoas serán as que este domingo volverán encher a Praza de Touros de Pontevedra, "o lugar onde se fraguaron as vitorias de Alberto Núñez Feijóo en Galicia desde 2009" e, polo tanto, un "emblema e talismán" para a formación.

Paula Prado felicitou tamén ao presidente Alfonso Rueda no seu aniversario, o primeiro como presidente do PPdeG: "desexamos que cumpra moitos anos máis á fronte do noso partido e acumulando a experiencia que necesitamos polo ben de Galicia".