O PP quere parques infantís adaptados

Pontevedra
11 de novembro 2016

Os populares de Pontevedra trasladan ao vindeiro pleno a reivindicación dunha veciña que leva anos reclamando a instalación de randeeiras adaptadas na praza de Barcelos

Parque infantil da praza de Barcelos Mónica Patxot

A concelleira do Partido Popular, María José Rodríguez, presentará unha moción no próximo pleno reivindicando que ningún escolar, independentemente das súas capacidades, se atope con barreiras que lle impidan gozar do seu tempo de lecer. Os populares queren trasladar ao pleno deste mes a reivindicación de María José Freire Franco, veciña da zona, que leva anos reclamando ao Concello a instalación de randeeiras adaptadas no parque de Barcelos.

Segundo a concelleira popular, o BNG leva preto de tres anos prometendo a instalación de carrandiolas adaptadas sen que se fixera realidade. A formación que encabeza Jacobo Moreira lembra que desde a Xunta de Galicia establece que os parques infantís serán accesibles para os menores discapacitados. 

Por este motivo, o PP solicita ao goberno de Lores a instalación de randeeiras adaptadas tanto en Barcelos e que fagan esta medida extensiva aos demais parques infantís de Pontevedra.

Ao mesmo tempo, esixirán a revisión destes espazos para eliminar todos os elementos que dificulten o acceso dos escolares.