O PP xa ten candidato á Alcaldía de Poio: Angel Moldes repetirá

Poio
18 de xullo 2018

A secretaria local do PP, Celeste Nieto, confirmou que será respaldado como candidato durante a romaría popular do Monte Castrove que se celebrará o 29 de xullo

Celeste Nieto e Ángel Moldes nunha xuntanza popular do PP de Poio no Castrove
Celeste Nieto e Ángel Moldes nunha xuntanza popular do PP de Poio no Castrove / PP de Poio

O actual voceiro do PP de Poio e candidato á Alcaldía nas municipais de 2015 repetirá como aspirante a gobernar o municipio nas próximas eleccións de 2019. Así o deu a coñecer este mércores a secretaria local do PP, Celeste Nieto, que confirmou que será respaldado como candidato durante a romaría popular do Monte Castrove do 29 de xullo.

Celeste Nieto confirmou hoxe que a romería repetirá no seu tradicional emprazamento na Escusa e servirá para que o PP demostre o respaldo unánime á candidatura de Moldes.

A xuntanza popular reúne cada ano a máis de 500 veciños de Poio, alcaldes e voceiros de concellos cercanos e dirixentes provinciais e autonómicos, de maneira que consideran que será "unha ocasión inmellorable" para poñer en valor o traballo realizado nestes tres anos polo partido e visibilizar a "cohesión" que supón o liderado do presidente local. 

A secretaria local considera que "a mellor carta de presentación" de Moldes é o traballo realizado nos últimos tres anos, nos que logrou que o PP fora a primeira forza política por representación municipal nas municipais de 2015 e, desde entón, percorreu todas as parroquias, todos os núcleos, falou con todos os veciños e "foi quen mellor levou á súa voz en todos os ámbitos".

Respecto disto, sinalou que Moldes "estivo en todo momento cos veciños e os colectivos de Poio, nos momentos bos e nos malos", polo que, "ao contrario do que sucede con outros partidos, ningún veciño pode dicir que o PP só aparece cando se achegan as eleccións".

A romaría do día 29, que este ano celebra a súa 13 edición, é unha xornada "familiar e aberta a todo o mundo", na que os asistentes poderán desfrutar dun xantar popular, actuacións musicais e zona de xogos infantís.

As entradas pódense reservar xa, a un prezo de 7 euros, nos teléfonos 600 351 106, e 618 617 004 (WhatsApp), así como no correo electrónico do PP de Poio: [email protected] e nas redes sociais da agrupación.