O proyecto para O Burgo debería ser "máis ambicioso", segundo o PP

Pontevedra
08 de febreiro 2017

Ao Partido Popular non lle parece suficiente o proxecto do goberno municipal para ampliar a reforma integral da ponte de Burgo -que se prevé peonalizalo- ata a Santiña. Os populares entenden que esta actuación debería ser "máis ambiciosa" e incluír máis espazos urbanos deste barrio

Gasolineira e casas situadas no Burgo Mónica Patxot

Ao Partido Popular non lle parece suficiente o proxecto do goberno municipal para ampliar a reforma integral da ponte de Burgo -que se prevé peonalizalo- ata a Santiña. Os populares entenden que esta actuación debería ser "máis ambiciosa" e incluír máis espazos urbanos deste barrio.

Así, o PP asegura que "non nos conformamos" co anuncio realizado polo Concello e adiantan que esixirán que a Rúa da Torre tamén sexa incluída neste paquete de obras.

"Os veciños desta rúa levan anos esperando por unha reforma acorde co resto de rúas", explicou César Abal, para quen esta zona "é unha das que peor aspecto presenta" de todas as existentes no núcleo urbano, polo que entenden que o BNG "non pode deixala fóra" desta rehabilitación integral.

En todo caso, Abal aclara que a peonalización da ponte do Burgo "vémola con bos ollos".

Con respecto a estas obras, os populares lamentan que o BNG "siga vendendo fume", xa que lembran que o anuncio desta reforma "non ten nada de novo" e trátase do mesmo proxecto que xa presentaron en anteriores ocasións.

Ademais, o PP pide coñecer non só o proxecto de reforma para esta área urbana, senón tamén as xestións que se levaron a cabo cos propietarios da gasolineira do Burgo, cuxa concesión finaliza o próximo ano 2018.