O PSOE acusa ao Concello de Marín de incumprir a lei a apertura dos parques infantís

15 de xuño 2020

Denuncian a falta de información aos usuarios sobre o aforo máximo de cada unha destas instalacións e reclaman a colocación de  dispensadores de xel  hidroalcohólico

O PSOE de Marín denuncia que o Concello incumple a lei na reapertura dos parques infantís
O PSOE de Marín denuncia que o Concello incumple a lei na reapertura dos parques infantís / PSOE de Marín

O grupo municipal do PSOE en Marín acusa ao Concello de ordenar a apertura dos parques infantís incumprindo coas indicacións de aforo máximo, sen informar os usuarios cal é ese aforo e sen instalar dispensadores de xel hidroalcóhólico. 

"Mentres noutros concellos prima a prudencia e a responsabilidade antes da apertura dos seus parques infantís, en Marín optouse por querer figurar como os primeiros de Galicia aínda que para iso houbese que incumprir as normas de seguridade e saltarse a lei", denuncia o portavoz socialista, Manuel Pazos.

Por iso esixen ao goberno local que cumpran con todas as medidas de seguridade que marca a Xunta e informen do aforo máximo destas instalacións, ademais de instalar dispnsadores de xel en cada parque e desinfectar todos os elementos ao finalizar cada xornada.