O portavoz do PSdeG-PSOE no Concello da Lama, Enrique Vaqueiro, pediu ao alcalde Jorge Canda este martes 12 que cumpra coa súa palabra e entregue a acta de concelleiro ao non lograr que a Xunta de Galicia arranxe a estrada de Seixido na súa totalidade.
Segundo Vaqueiro, o alcalde asumira un compromiso que ninguén lle pediu sinalando que abandonaría o cargo se a Xunta non desenvolvía o proxecto que o propio Canda defendera de reforma de seis quilómetros da vía entre Antas e Seixido. O grupo municipal socialista sinala que o proxecto da Xunta afecta a menos dun quilómetro desa estrada, ampliando un das pontes e un tramo da curva antes de Seixido. Vaqueiro cualifica esta decisión como "un fracaso absoluto. Unha vez máis, os veciños de eixido foron enganados".
Por este motivo, o grupo socialista lembra a Canda que o 5 de marzo de 2016 anunciou que o proxecto incluía a ampliación de varios puntos e eliminación das curvas en seis quilómetros, ao solicitar aos veciños a cesión de terreos para esa ampliación. Pregúntase para que se pediron sinautras aos veciños de leiras que non se van a ver afectadas tanto en Seixido como na Barcia.