O PSOE pide a Lores que evite facerse a vítima no debate sobre os composteiros

Pontevedra
28 de marzo 2018

"Os que están a poñer paus nas rodas son os concelleiros e concelleiras do goberno con seu alcalde á cabeza", manifestou Tino Fernández, o voceiro do grupo municipal socialista

O alcalde Fernández Lores fala con Tino Fernández e Iván Puentes, do PSOE
O alcalde Fernández Lores fala con Tino Fernández e Iván Puentes, do PSOE / Mónica Patxot

Tino Fernández, portavoz do grupo municipal socialista, emitiu un comunicado lamentando as declaracións do alcalde de Pontevedra en relación coa xestión dos composteiros. O representante do PSOE lémbralle a Fernández Lores que a súa obrigación é xestionar o mandato traballando e non "facerse a vítima". 

Sinala que ao goberno local sóbralle prepotencia e fáltalle capacidade para dialogar e buscar o consenso coas demais forzas políticas e cos propios veciños. Neste sentido, utiliza o exemplo de  Mollabao, Monte Porreiro, Lourizán, Cerponzóns, Verducido ou Eduardo Pondal como zonas nas que existe distanciamento entre a cidadanía e o equipo de Fernández Lores. "Os culpables dos problemas están dentro do goberno", afirmou o portavoz socialista.

Tamén utiliza o exemplo de que o  Concello de Pontevedra deixará de ingresar ao redor de 600.000 euros porque non se puxo en funcionamento a ordenanza de telefonía móbil proposta polo PSOE en 2016. Tino Fernández asegura que os que están "a poñer paus  nas rodas" son os integrantes do goberno local co seu alcalde á cabeza. Recomenda, por último, a Lores que se deixe de lamentacións e dedíquese a gobernar.