O goberno local confía en que os veciños "de boa fe" vexan como os composteiros non causan molestias

Pontevedra
02 de abril 2018

Raimundo González, portavoz do goberno de Pontevedra, mantén que a oposición aos composteiros comunitarios é consecuencia dunha campaña organizada polo Partido Popular

Obras de instalación do composteiro comunitario da rúa Ponte Boleira diante do edificio Azorín
Obras de instalación do composteiro comunitario da rúa Ponte Boleira diante do edificio Azorín / PontevedraViva

O goberno local de Pontevedra mantén que o Partido Popular se atopa tras as protestas contra a instalación de  composteios comunitarios. As últimas rexistráronse en Punta Boleira ante a creación dun destes servizos fronte a un edificio

Raimundo González, portavoz do goberno de Pontevedra, indicaba que o PP xa manifestou a súa oposición "real e efectiva" á compostaxe e que mesmo tentou relacionalo coa ilegalidade das instalacións.

O portavoz municipal sinalaba que espera que os cidadáns de "boa fe", que agora están a mostrar a súa oposición a este plan, vexan que as centrais de compostaxe non causan molestias.

Ademais, incide en que é necesario que a cidadanía se comprometa a rexenerar residuos orgánicos. Unha medida á que, lembrou, obrigará a Unión Europea esixindo que en 2020 se recicle o 50% destes residuos, unha cifra que aumentará ao 65% no 2030.