Pontevedra inicia os trámites para contratar catro persoas para os composteiros

Pontevedra
12 de abril 2018

O Concello de Pontevedra vén de poñer en marcha o proceso para a contratación de catro traballadores que se encargarán da implantación da compostaxe na cidade. En concreto, ofértanse catro postos de traballo: un do Grupo A1 e tres do Grupo C1

Traballos nos composteiros do Plan Revitaliza
Traballos nos composteiros do Plan Revitaliza / Mónica Patxot

O Concello de Pontevedra vén de poñer en marcha o proceso para a contratación de catro traballadores que se encargarán da implantación da compostaxe na cidade.

En concreto, ofértanse catro postos de traballo: un do Grupo A1 e tres do Grupo C1.

As bases xa están publicadas e os interesados teñen un prazo de dez días para presentar a solicitude para participar neste proceso de selección de persoal.

O seu obxectivo será atender o crecente número de centros de compostaxe que hai na cidade e seguir avanzando no despregue do sistema alternativo de tratamento de biorresiduos, xa que o persoal do Plan Revitaliza da Deputación asignado a Pontevedra comeza a non dar abasto.

Este persoal propio do Concello sumarase aos mestres composteiros do Plan Revitaliza e os bolseiros que poida incorporar a Deputación.