A xestión municipal relacionada coa compostaxe, segundo o PSdeG-PSOE, realízase "a golpe de ocorrencia" e está caracteriza pola "falta de rigor". Así o denunciou este mércores o portavoz socialista, Agustín Fernández. Augura que, de seguir a senda actual, o proxecto "estrela" do BNG acabará convertido no "pesadelo" do goberno municipal.
Os últimos pasos dados, engade Fernández, están a xerar "crispación" en Monte Porreiro e contan cun rexeitamento veciñal "importante". Os cidadáns, segundo o socialista, "estouparon" ante a falta de información e porque se está actuando "de costas a eles". A situación agrávase, advirte, ante a xestión dun goberno que está "sobrepasado".
A situación en Monte Porreiro está "moi crispada", explicou Agustín Fernández, e ve "difícil" que se poida reconducir. Ademais, sospeita que no barrio de Campolongo, onde se prevé despregar os composteros comunitarios "pode pasar o mesmo", xa que "non basta" con falar coas asociacións senón que hai que consultar con todos os veciños.
Agustín Fernández asegura que os socialistas están "a favor" de implantar a compostaxe na cidade "pero con sentidiño".
Para o PSdeG-PSOE, a compostaxe é un "avance importante" na xestión dos residuos urbanos, pero teme que a xestión que realiza o Concello "faga fracasar unha iniciativa que é boa".
Agustín Fernández asegura que os socialistas están "a favor" de implantar a compostaxe na cidade "pero con sentidiño".
Entende que se deben marcar prazos, ter unha folla de ruta "establecida" e despexar as dúbidas que existen ao redor deste plan como a súa viabilidade, os seus custos, o persoal que xestionará os residuos, a cantidade de compost que se prevé producir, que se vai a facer co compost ou que pasará cos terreos da Canicouva, entre outras cuestións.
"Hai un mar de dúbidas que poñen en risco unha idea que é boa se se fai ben", sinalou o líder dos socialistas pontevedreses que mostrou a súa "disposición" para colaborar co BNG e "botar unha man" nesta materia pola "transcendencia" que ten para todo o municipio.
Iso si, antes interpelarán ao alcalde no próximo pleno sobre o ocorrido en Monte Porreiro e as solucións que expoñen para seguir adiante co plan de compostaxe. Tamén preguntarán respecto diso na próxima comisión informativa de medio ambiente.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.