O grupo municipal socialista a través do seu voceiro presentará unha proposición no pleno para instar á Xunta de Galicia e á Deputación para que, no exercicio das súas competencias en materia de Medio Ambiente, procedan a realizar os estudos e traballos necesarios co fin de encontrar alternativas viables que permitan a recolocación da actividade da empresa Ence no territorio da provincia e dentro da bisbarra de Pontevedra.
Esta proposición responde á proposta de acordo sobre a marcha de Ence realizada o pasado 26 de agosto cando o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores trasladou os grupos municipais. Os socialistas apóiana pero indican que "se limita a rexeitar, a criticar, instar ou esixir en abstracto a outras adminitracións".
Por iso o voceiro socialista Agustín Fernández reclama unha solicitude máis esixente ás distintas administracións, máis alá da retórica política, para evitar a consolidación da fábrica pasteira na actual localización de Lourizán.