O rebentón dunha tubaxe provoca unha inundación na rúa Joaquín Costa

Pontevedra
07 de xuño 2023

O suceso produciuse ao redor das 13.30 horas deste mércores 7 de xuño e obrigou a intervir con urxencia aos operarios de Viaqua

Asolagamento en Joaquín Costa polo rebentón dunha tubaxe Diego Torrado

Unha avaría nas canalizacións de auga provocou este mediodía unha aparatosa inundación na céntrica rúa pontevedresa Joaquín Costa.

O suceso, que tivo lugar ao redor das 13.30 horas deste mércores 7 de xuño, produciuse como consecuencia do rebentón dunha destas tubaxes e obrigou a intervir con urxencia aos operarios da empresa encargada do servizo da auga na cidade, Viaqua.

Como consecuencia do rebentón, a auga comezou a saír con forza dos sumidoiros provocando unha inundación localizada na zona traseira do Hospital Provincial, á altura da parada de autobuses.