A comisión municipal para abordar a problemática do traslado de Cuca mantivo este venres un longo encontro cos responsables do grupo Garavilla a efectos de coñecer os plans que a empresa ten para executar a sentencia que declarou non procedente o traslado da conserveira de Vilaxoán ás instalacións de O Grove.
Segundo lles explicaron ao alcalde e aos voceiros municipais, a empresa da por executado o fallo xudicial co pago de indemnizacións e o sistema de ficha diaria do persoal en Vilaxoán e posterior traslado ao Grove para desenvolver a súa actividade. Esta situación non é a desexada nin por o comité de empresa nin pola Corporación, que esperará á resposta da autoridade xudicial para adoptar as medidas que correspondan, xa que a sentencia é firme ao non terse recorrido.
Mentres, a vindeira semana xa teñen programada unha visita ás instalacións sitas no Castelete acompañados por responsables do grupo empresarial.
O alcalde e os voceiros de PP, PSOE, BNG e EU tivéronse que desprazar ata as instalacións de Garavilla no Grove para manter a xuntanza cos responsables da firma, despois de que a semana pasada fixeran outro tanto co comité de empresa e representantes das traballadoras afectadas polo traslado. O encontro prolongouse durante tres e horas e media, xa que comezou cunha visita guiada á conserveira.
Garavilla entende que a sentenza foi executada e así llo argumentaron nun escrito ao xulgado que emitiu a sentenza
Segundo lles expuxeron aos membros da comisión, Garavilla entende que a sentenza foi executada e así llo argumentaron nun escrito ao xulgado que emitiu a sentenza. A cuestión está agora en saber se a xuíza acepta estes argumentos, resposta que a comisión espera que se produza con brevidade. Do sentido da mesma dependerán as decisións ou accións que acorde tomar a Corporación.
HIPÿTESES
En calquera caso, na hipótese de que a xuíza admita a solución da empresa, o alcalde, Tomás Fole, preguntou aos representantes de Garavilla si nese caso se sentarían de novo a negociar coas traballadoras a fin de chegar a un acordo que puxese fin ao conflito, comprometendo os empresarios a súa completa disposición.
Fole tamén abordou a hipótese de que a xuíza non dea por válida a solución de Garavilla e ordene acatar a sentenza nos termos de que a actividade regrese á planta de Vilaxoán coas traballadoras trasladadas ao Grove. Neste caso, o alcalde ofreceu a absoluta colaboración do Concello para facilitar as labores de traslado da maquinaria ás naves do Castelete e para que a actividade poida retomarse coa maior brevidade.