O restaurante Il Piccolo recibe o galardón Marchio Ospitalitá Italiana no Ifema de Madrid

Pontevedra
21 de abril 2015

No marco do Salón Internacional do Club de Gourmets, Francesco Iannelli efectuou un show cooking de Italia Tartufi, inspirado na temática "Tartufo, oro della Terra in cucina"

Restaurante Il Piccolo PontevedraViva

O propietario do restaurante italiano Il Piccolo de Pontevedra,Francesco Iannelli, ofreceu un show cooking de Italia Tartufi, no Recinto Feiral de Madrid-IFEMA durante a celebración da XXIX edición do Salón Internacional do Club de Gourmets. Este traballo realizouse inspirándose na temática gastronómica "Tartufo, oro della Terra in cucina".

Durante o transcurso desta actividade culinaria, a Cámara de Comercio Italiana entregaba o galardón "Marchio Ospitalità Italiana 2015" ao restaurante pontevedrés. Con este premio recoñécese a Il Piccolo por exercer de permanente embaixador en Galicia, España e Europa na promoción das tradicións agroalimentarias das distintas rexións italianas.

O restaurante italiano Il Piccolo leva máis de trinta anos de experiencia en Italia, Inglaterra, Francia e Portugal. Con este importante galardón continúa a súa brillante actividade gastronómica na cidade, promovendo Pontevedra dende hai máis de 15 anos en diversos ámbitos e foros, como sucedía o pasado 14 de abril en Madrid, coa realización do show cooking.