O Revenidas 2019 reafirmou o seu compromiso coa igualdade e a sustentabilidade

O Salnés
16 de agosto 2019

Ao posto informativo para a prevención de agresións sexuais achegáronse preto dun millar de persoas que esgotaron o material de "Eu decido, ti Respectas"

Concerto de "Talco" no Festival Revenidas Daniel Cruz

O festival As Revenidas de Vilaxoán, en Vilagarcía de Arousa, revalidou a pasada fin de semana o seu compromiso coa igualdade e a sustentabilidade.

A Deputación de Pontevedra destacou o especial apoio ás campañas que desenvolve para a prevención das agresións sexuais, que chegou neste evento dos Festivais Rías Baixas á preto dun millar de persoas.

A iniciativa de loita contra os plásticos tamén tivo unha grande acollida e repartiu centos de materiais.

Pola súa banda a organización do Festival salientou que O Revenidas pechou a súa 16ª edición revalidando o éxito das súas actividades vencelladas á tradición mariñeira da zona.

As seis sesións de concertos a bordo a cargo de O Leo, Gabri Dakidarría, Ugía Pedreira, Los Jinetes del Trópico, Zeltia Irevire e Gramola esgotaron todas as súas entradas.

Os concertos da zona de pago máis aclamados polos festivaleiros foron os de Gogol Bordello, Talco, Gatillazo e Desakato e Nao, que contou con varias colaboracións.

A xente presente na sardiñada do sábado cífrase en 5.000 persoas ás que se lles despacharon 1.000 quilos de sardiñas.

O festival xerou uns 1.000 postos de traballo (450 directos e 600 indirectos).