O sector turístico arrincará a finais de xuño

Pontevedra
24 de maio 2020

O presidente do Goberno de España, Pedro Sánchez, instou ao sector hostaleiro a que "se preparen para reanudar su actividad en pocos días" e acoller o turismo nacional, e anunciou que a partir de xullo abriranse as fronteiras ao turismo estranxeiro "en condiciones de seguridad".

Benvida aos estudantes estranxeiros do campus de Pontevedra
Benvida aos estudantes estranxeiros do campus de Pontevedra / Mónica Patxot

O presidente do Goberno de España, Pedro Sánchez, instou ao sector hostaleiro a que "se preparen para reanudar su actividad en pocos días" e acoller o turismo nacional, e anunciou que a partir de xullo abriranse as fronteiras ao turismo estranxeiro "en condiciones de seguridad".

"Habrá temporada turística este verano", asegurou o presidente que tamén afirmou que os turistas estranxeiros "pueden desde ya planificar sus vacaciones en España".

"España necesita del turismo y el turismo necesita seguridad en origen y seguridad en destino, por eso garantizaremos que los turistas no correrán ningún riesgo ni tampoco nos traerán riesgos a nuestro país", dixo respecto diso.

Sánchez tamén animou aos españois para planificar xa as súas vacacións e "aprovechar las maravillas de la oferta nacional", porque "muchos podrán hacerlo desde prácticamente ya, a finales de junio y en adelante".

"Estamos a un paso de la victoria, pero seguimos en emergencia sanitaria, el virus no ha desaparecido, sigue al acecho y tenemos que mantenerlo a raya, es imprescindible no relajarnos", manifestou o presidente.

O Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo ( CETS) confirmou que a maioría dos establecementos prevén reiniciar a actividade a finais de xuño.

O Goberno galego e o sector turístico traballarán no Pacto por un destino seguro, que inclúe unha batería de accións para mellorar a información, asesoramento e formación en materia de seguridade sanitaria, así como apoio económico para adecuarse á situación actual.

Prevese a posta en marcha dun plan de formación voluntario centrado neste ámbito e impartido polo Centro Superior de Hostalería de Galicia e as entidades sectoriais e provinciais. A iniciativa botará a andar a próxima semana e contará cunha oferta inicial de 50.000 prazas en 500 accións formativas de carácter xeral adaptadas ás especificidades de cada subsector e de cada área xeográfica.

Ademais elaboráronse 11 manuais para os distintos axentes do sector coas principais recomendacións e medidas de seguridade hixiénico-sanitaria adaptados aos restaurantes, hoteis, aloxamentos rurais, albergues, cámpings, balnearios, axencias de viaxes, turismo activo, campos de golf, guías de turismo e oficinas de turismo.