O taller dos Reis Magos prepara as carrozas coas que chegarán a Pontevedra

Pontevedra
26 de decembro 2020

Non haberá cabalgata nin a tradicional recepción en Mugartegui para evitar aglomeracións e cumprir as restricións impostas pola covid-19, pero a rapazada de Pontevedra si poderán velos. As Súas Maxestades de Oriente comunicarán nos vindeiros días o horario de chegada e o percorrido que realizarán pola cidade

Preparativos das carrozas dos Reis Magos Concello de Pontevedra

Os talleres dos Reis Magos están traballando a reo para preparar as carrozas coas que chegarán a Pontevedra o próximo 5 de xaneiro.

Como en anos anteriores, durante estes días os seus axudantes están atarefados no obradoiro no que poñen a punto as carrozas que utilizarán para visitar aos máis pequenos e pequenas.

Non haberá cabalgata nin a tradicional recepción en Mugartegui para evitar aglomeracións e cumprir as restricións impostas pola covid-19, pero a rapazada de Pontevedra si poderán velos.

Unha vez confirmada a súa presenza, as Súas Maxestades de Oriente comunicarán nos vindeiros días o horario de chegada e o percorrido que realizarán pola cidade.