O traballo de 25 voluntarios permite retirar máis de 400 quilos de residuos do Gafos

Pontevedra
30 de xullo 2017

 A xornada contou coa participación de 12 voluntarios da Fundación Xoán XXIII de Pontevedra, entidade colaboradora habitual de Vaipolorío. O vindeiro domingo 6 de agosto está prevista a sexta e última xornada de limpeza da campaña 2017

Quinta xornada de limpeza de Vaipolorío no río dos Gafos 2017
Quinta xornada de limpeza de Vaipolorío no río dos Gafos 2017 / Vaipolorío

A quinta xornada de limpeza do río Gafos organizada pola asociación ecoloxista Vaipolorío na campaña 2017 permitiu este domingo retirar da canle fluvial máis de 400 quilos de residuos. 

Segundo os datos facilitados por Vaipolorío, os 25 voluntarios que se uniron a esta xornada de limpeza na mañá deste domingo retiraron 350 quilos de lixo e 50 quilos de vidro

A xornada contou coa participación de 12 voluntarios da Fundación Xoán XXIII de Pontevedra, entidade colaboradora habitual de Vaipolorío. 

O vindeiro domingo 6 de agosto está prevista a sexta e última xornada de limpeza da campaña 2017.