O Valedor do Pobo admite a trámite a queixa dos 'antitaurinos' relativa ás subvencións da Deputación

Pontevedra
08 de agosto 2014

A plataforma 'Galicia, Mellor Sen Touradas' denunciou ante o Valedor a "opacidade" das partidas presupostarias que aseguran están destinadas a "financiar ao entramado taurino na provincia"

Membros da plataforma Touradas Fóra de Pontevedra diante da plaza de touros
Membros da plataforma Touradas Fóra de Pontevedra diante da plaza de touros / Mónica Patxot

O Valedor do Pobo admitiu a trámite a queixa da plataforma 'Galicia, Mellor Sen Touradas' en relación á subvención que a Deputación de Pontevedra outorgaría aos festexos taurinos.

Segundo traslada a plataforma, a queixa débese á "opacidade" destas partidas presupostarias que aseguran están detinadas a "financiar ao entramado taurino na provincia".

'Galicia, Mellor Sen Touradas' remitiu o pasado 4 de agosto un escrito electrónico ao Valedor do Pobo no que advertía a falta de respostas da institución "ao redor das solicitudes formuladas por cidadáns e colectivos abolicionistas", indicando tamén que este silencio "xeraba un contexto de desconfianza".

O Valedor requiriu, con 15 días de prazo, a información necesaria para estudar os motivos da queixa, segundo explica o colectivo antitaurino.

Esta actuación conta cun precedente similar, xa que a Deputación da Coruña tivo que remitir información similar ao Valedor en relación a subsidios outorgados a unha peña taurina.