O vento causa estragos no peirao de Raxó

Poio
10 de xaneiro 2016

A forte tromba de auga que descargou á primeira hora da tarde do sábado tamén provocou numerosos incidentes no peirao de Raxó

O vento causa estragos no peirao de Raxó Jesús Manuel GE

A forte tromba de auga que descargou á primeira hora da tarde do sábado tamén provocou numerosos incidentes no peirao de Raxó.

Aínda que os barcos estaban amarrados pola mala mar, a intensidade dos refachos de vento e a gran ondada levantada afundiu un barco de recreo que estaba fondeado fóra das instalacións do Náutico.

Pero tampouco foi maior a seguridade daqueloutras embarcacións que se atopaban máis resgardadas ao abrigo do porto, pois algúns barcos cairon dos seus berces de varada e nos amarres tamén había varios afundidos.

En concreto resultaron con danos dúas embarcacións, unha que se atopaban en dique seco e á espera de ser reparada e un veleiro ao que se lle rompeu o mastro.

Tamén unha lancha que estaba izada polo guindastre acabou con serios danos ao caerse contra o chan desde a plataforma.