O xardín de camelias da Finca Areeiro acada a excelencia internacional

Pontevedra
10 de marzo 2023

Acaba de obter a distinción de Xardín de Excelencia Internacional da Camelia, que concede a Sociedade Internacional da Camelia. Trátase dunha distinción que só posúen seis espazos en España, cinco deles na provincia de Pontevedra, e 60 no mundo. Este ano, só dous reciben esta distinción e o segundo é o Xardín Botánico de Shanghái

Carmela Silva, con camelias de Areeiro
Carmela Silva, con camelias de Areeiro / Deputación de Pontevedra

O xardín de camelias da Finca Areeiro acaba de obter a distinción de Xardín de Excelencia Internacional da Camelia, que concede a Sociedade Internacional da Camelia. 

Trátase dunha distinción que só posúen seis espazos en España, cinco deles na provincia de Pontevedra, e 60 no mundo. O Castelo de Soutomaior foi o primeiro en España en obter esta distinción no ano 2012.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, amosou a súa ledicia polo recoñecemento e destacou o traballo "único" e "salientable" que se realiza nesta finca, pois "foi Areeiro quen realmente situou á camelia como a flor desta comunidade e, desde logo, como a flor das Rías Baixas".

Con esta distinción, a Sociedade Internacional da Camelia recoñece as excepcionais condicións, a calidade e o traballo da Estación Fitopatolóxica no coidado deste xardín da Deputación.

Este ano, só dous xardíns reciben esta distinción e o segundo é o Xardín Botánico de Shanghái. A presidenta provincial destacou esta circunstancia. "Son só dúas distincións no mundo e é algo para tomar conciencia e orgullo do que somos"

O galardón entregarase o 28 de marzo no transcurso dun congreso internacional no Lago Maggiore, na localidade de Vabeno.  

A colección de camelias de Areeiro está composta por 70 especies e 1.300 cultivares. A especie con máis exemplares plantados é a camelia xapónica, seguida da sinensissasanquareticulata e híbridos, entre outras. As camelias distribúense por todo o xardín en 24 áreas, nas que se inclúen zonas de sasanquasreticulatas, outra con camelias seleccionadas de antigos espazos galegos e portugueses e un área con camelias de diferentes países.