O Concello de Poio constituirá este luns, 9 de outubro, a Mesa local de Sanidade cunha reunión co xerente da área sanitaria de Pontevedra e o Salnés, José Flores.
A mesa local de Sanidade está composta polo alcalde, Ángel Moldes, e un representante de cada un dos tres grupos municipais que conforman a corporación.
O alcalde explica que para esta primeira reunión da mesa local quixo contar coa presencia do xerente da área sanitaria e por iso agradécelle a súa disposición para trasladarse ata Poio para facer unha análise da situación sanitaria nos tres centros de saúde que hai neste concello: Anafáns, Raxó e Combarro.
Agárdase que nesta reunión dea resposta ás principais dúbidas e inquedanzas que poidan xurdir ao respecto.
Desde o Concello de Poio destacaron que todos os grupos xa están avisados desde o mércores, un día antes do esixido por lei para convocar este tipo de reunións, co obxectivo de facilitar que todos poidan estar presentes no encontro.