O xerente da área reunirase coa mesa local de Sanidade de Poio

Poio
04 de outubro 2023

A mesa local de Sanidade está composta polo alcalde, Ángel Moldes, e un representante de cada un dos tres grupos municipais que conforman a corporación

José Flores, xerente da Área Sanitaria de Pontevedra - O Salnés Mónica Patxot

O Concello de Poio constituirá este luns, 9 de outubro, a Mesa local de Sanidade cunha reunión co xerente da área sanitaria de Pontevedra e o Salnés, José Flores.

A mesa local de Sanidade está composta polo alcalde, Ángel Moldes, e un representante de cada un dos tres grupos municipais que conforman a corporación. 

O alcalde explica que para esta primeira reunión da mesa local quixo contar coa presencia do xerente da área sanitaria e por iso agradécelle a súa disposición para trasladarse ata Poio para facer unha análise da situación sanitaria nos tres centros de saúde que hai neste concello: Anafáns, Raxó e Combarro. 

Agárdase que nesta reunión dea resposta ás principais dúbidas e inquedanzas que poidan xurdir ao respecto.

Desde o Concello de Poio destacaron que todos os grupos xa están avisados desde o mércores, un día antes do esixido por lei para convocar este tipo de reunións, co obxectivo de facilitar que todos poidan estar presentes no encontro.

 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora