O xurado do crime do Umia comezará o venres a deliberar

Pontevedra
13 de marzo 2014

O xurado popular que xulga aos catro acusados polo asasinato de Enrique Monteagudo, o 22 de xullo do 2010, retiraranse este venres a deliberar sobre un listado de cuestións que conforma o obxecto do veredicto e que non se coñecerá ata que conclúa o debate destas

Xuízo polo crime do Umia Mónica Patxot

O xurado popular que xulga aos catro acusados polo asasinato de Enrique Monteagudo, o 22 de xullo do 2010, retirarase este venres a deliberar sobre un listado de cuestións que conforma o obxecto do veredicto e que non se coñecerá ata que conclúa o debate destas. A vista oral concluíu na tarde do xoves.

No seu informe final a Fiscalía mantén a petición de 20 anos para os acusados polo coñecido como crime do Umia: Adrián Ferro, Jesús Piñeiro, Héctor Vázquez e Borja Coucheiro.

Pola súa banda a defensa de Adrián Ferro pide unha rebaixa da pena, xa que este mozo admite que estivo no lugar dos feitos cando, segundo el, os outros procesados cometeron o asasinato. O letrado solicita que se considere a Adrián cómplice dun delito de homicidio e que se lle rebaixe a condena debido á súa colaboración coa Xustiza para o esclarecemento dos feitos.

No caso dos outros tres acusados o seu avogados piden a libre absolución xa que negan calquera tipo de participación neste crime.

Nas súas conclusións finais os avogados insistiron na falta absoluta de probas. Ademais, no caso de Jesús Piñeiro, o seu letrado solicita que de haber condena se teña en conta por parte do tribunal unha eximente completa pola esquizofrenia paranoide de evolución contínua que ten diagnosticada.