O Concello de Sanxenxo valora que o 2024 foi un bo ano para o parque empresarial de Nantes que volveu a crecer coa apertura de novas instalacións.
As 96 parcelas que xa teñen actividade económica ou están en fase de tramitación representan o 40% do total do parque empresarial.
Entre elas inclúese as parcelas de propiedade municipal, nas que xa se está construíndo a nave de servizos e, posteriormente, farase o mesmo para a policía local e o servizo de emerxencias.
Nos últimos 12 meses empresas como Aldi (alimentación), Jysk (mobles), Kiwoko (animais de compañía) ou Espina e Delfin, concesionaria do servizo de auga e saneamento, entre outras menos coñecidas polo público tramitaron ou construído as súas instalacións.
O parque empresarial de Nantes conta cunha ampla variedade de actividades, destaca o sector da alimentación con máis de 33.000 metros cadrados de establecementos de venda directa ao público e ao sector hostaleiro como Mercadona (9.671 m2) e Mercacash (6.000 m2) e Xesnova (10.827 m2).
Outros sectores como o de maquinaria (8.431 m2), a carpintaría de madeira ou metálica (4.312 m2), gasolineira, ximnasio, tanatorio e lavandarías industriais, entre outros.
Cúmprense 6 anos da apertura do parque empresarial de Nantes. Desde entón o crecemento foi sostido e vanse cumprindo as previsións. O seu impacto nas cifras emprego de Sanxenxo nótase nos últimos anos.
O goberno local destaca que Sanxenxo nunca conseguira que a súa taxa de paro nos meses de inverno, cando menos actividade turística hai, baixase do 8% "e iso débese en parte á actividade económica xerada polo parque empresarial de Nantes".