Oito agrupacións compiten desde este luns no Concurso de Murgas de Pontevedra

Pontevedra
16 de febreiro 2026
Actualizado: 7:20

O certame inicia as súas eliminatorias no Pazo da Cultura cunha trintena de minutos por actuación e retransmisión en directo a través de internet

Segunda semifinal do XXXIII Concurso de Murgas de Pontevedra

O Pazo da Cultura de Pontevedra retoma este luns unha das citas máis agardadas do Entroido, o Concurso de Murgas, un evento que tradicionalmente rexistra o cheo total no auditorio.

A primeira xornada de eliminatorias comeza ás 21.00 horas deste luns coas actuacións de Naveiro "Aberto en Canal"; Val do Lérez "Hoxe aquí, mañán alá"; Tropa de Moncha A Caralla Os Trapalleiros..

A fase clasificatoria completarase o mércores 18, á mesma hora, coa participación de Equipo Ja, formación que defende o primeiro posto acadado en 2025, Jana de Leria: Arrombados e Leña Verde.

Cada agrupación dispón dun tempo máximo de 30 minutos para interpretar composicións de temática libre adaptadas ao estilo do Entroido, onde se avalía o contido humorístico da proposta.

As murgas que logren o acceso á final do xoves 19, que terá lugar ás 21:00 horas, tamén no Pazo da Cultura, optarán ás seguintes cantidades económicas:

PREMIOS

1º Premio: 1.200 euros e unha figura do Ravachol 2026

2º Premio: 1.050 €

3º Premio: 900 €

4º Premio: 750 €

5º Premio: 400 €

Ademais, cada formación participante recibe 250 euros.

No palmarés do último ano, tras o Equipo Ja, situáronse Os do Val do Lérez, Murga do Naveiro,'A Tropa de Moncha A Caralla e Leña Verde.

As persoas que non poidan asistir ao auditorio teñen a posibilidade de seguir o desenvolvemento do concurso a través da emisión por streaming de todas as fases a través da canle do Concello de Pontevedra

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora
Arquivado en