Oito alcoholemias positivas en Poio durante a noite de San Xoán

Poio
24 de xuño 2021

Sete deles foron denunciados pola vía administrativa, pero un foino penalmente ao dar un resultado positivo de 0,86 mg/l por aire espirado, case catro veces máis da taxa máxima permitida. Os positivos rexistráronse en Raxó, San Xoán, San Salvador e Campelo

Control de alcoholemia en Poio na noite de San Xoán
Control de alcoholemia en Poio na noite de San Xoán / Policía Local de Poio

Ata oito condutores detectaron os axentes da Policía Local de Poio en estado de embriaguez durante a pasada noite de San Juan. 

Sete deles foron denunciados pola vía administrativa, pero un foino penalmente ao dar un resultado positivo de 0,86 mg/l por aire espirado, case catro veces máis da taxa máxima permitida.

Os positivos rexistráronse en Raxó, San Xoán, San Salvador e Campelo e, en total, a Policía Local realizou onte á noite 150 test de alcoholemia e foron controlados uns 600 condutores.

Con respecto ao resto de incidencias, sinalan desde este corpo policial, foi unha noite tranquila, xa que non houbo problemas relacionados con fogueiras ou aglomeracións en praias e a hostalería do municipio mantivo un comportamento exemplar.

Só se detectaron dúas grelladas non autorizadas na vía pública, interveuse unha arma -unha pistola de cuarta categoría- que portaba un menor de idade sen autorización e incautáronse pequenas doses de haxix e marihuana.