Ollo na costa! Chega un novo temporal

Pontevedra
09 de febreiro 2017

Chegará a partir das primeiras horas deste venres e prolongarase, previsiblemente, ata a noite. Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), espérase mar combinada do oestecon ondas de 5 a 6 metros, que afectará ao litoral da provincia de Pontevedra. Emerxencias recorda á poboación a importancia de seguir medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes 

Temporal atlántico con mar de fondo PontevedraViva

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia alerta da chegada dun novo temporal costeiro de nivel laranxa que afectará ao litoral da de Pontevedra, así como ao da Coruña. Chegará a partir das primeiras horas deste venres e prolongarase, previsiblemente, ata a noite.

Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia xa informou da situación aos concellos afectados, as deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e confía en que adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) espérase mar combinada do oeste con ondas de 5 a 6 metros, que afectará ao litoral da provincia de Pontevedra.

Ante esta situación, Emerxencias recorda á poboación a importancia de seguir medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes coa fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. 

Ante calquera dúbida, aconséllase consultar a páxina web do 112, que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.