Operativo especial de seguridade e tráfico na Seca con motivo do San Xoán

Poio
23 de xuño 2023

Os accesos de tráfico á Reiboa serán de único sentido, con acceso por Camiño da Fábrica e saída entre la Fábrica e o Pavillón. Tamén se establece sentido único pola 4ªTravesía Seara (na zona de Correos) e saída aos Catro Camiños en PO-308. Ademais, a Policía Local de Poio lembra que se van habilitar estacionamentos disuasorios na zona

Control da Policía Local de Poio
Control da Policía Local de Poio / Policía Local de Poio

Desde este venres 23, a Policía Local de Poio establece un operativo especial de seguridade e tráfico na contorna do recinto de festas na Seca, con motivo das festas de San Xoán

Os accesos de tráfico á zona de Reiboa serán de único sentido con acceso polo Camiño da Fábrica e saída entre a Fábrica e o Pavillón. Tamén se establece un único sentido pola 4ª Travesía Seara (na zona de Correos) e saída aos Catro Camiños cara á PO-308.

Habilitaranse estacionamentos disuasorios; con dúas novas leiras na 4ª Travesía Seara entrando por Correos, na extensión da Reiboa, outra nova na Avenida da Pinela no recinto privado da Fábrica de Pescamar; o recinto do IES Poio; leira lateral do do Cemiterio e Tanatorio. Estarán sinalizadas, segundo indica a Policía Local.

Indican tamén que se garantirá o cruzamento de persoas na PO-308 habilitando tres pasos con axentes de Policía, na Avenida da Pinela, no acceso á zona da Seca e á altura de Catro Camiños, ademais do paso de peóns á alutra de Fontenla. A intención da Policía Local é garantir que non se rexistren incidentes e por iso marca que os cruces que se realicen sexan polos lugares habilitados.

As prazas de Taxi estarán situadas no acceso ao recinto da Seca. As prazas destinadas a persoas de mobilidade reducida situaranse fronte ao Pavillón.

Na zona de cacharela que se sitúa fronte ao Paseo da Ostreira terá garantida a seguridade cun diámetro suficiente para que o públco asista ao espectáculo de Lume. Solicítase colaboración e que se garden as distancias marcadas.

Dez efectivos da Policía Local permanecerán na zona do mesmo xeito que efectivos de Protección Civil cunha motobomba, persoal da empresa MST e unha ambulancia estarán dispoñibles para evitar incidencias nesa zona.

En Raxó estará restrinxida a circulación na Avenida da Praia, na zona de Froiz, só a residencias e comerciantes, tendo que acceder ao estacionamento disuasorio pola rotonda de Rabo de Porco na PO-308.

A Policía Local vixiará o cumprimento estrito das normas de seguridade en zonas de fogueiras e as restricións estabecidas para as praias. Tamén alertan de que se establecerán puntos de control de consumo de alcol e drogas ao vehículo en distintos puntos do municipio. 

No caso de que se rexistre algunha incidencia, a Policía Local ten disposición da poboación o número 689.575.495