Organizan rutas de paddlesurf para coñecer Pontevedra desde o río Lérez

Pontevedra
22 de xullo 2020

Oito citas, tanto diúrnas como nocturnas, formarán parte das rutas que se van a organizar en Pontevedra para coñecer a cidade desde unha perspectiva diferente: unha táboa de paddlesurf. Estas rutas, que serán de carácter gratuíto, están organizadas por Turismo de Pontevedra en colaboración con Urban Culture Factory

Un grupo de mozos practica paddle surf polo Lérez
Un grupo de mozos practica paddle surf polo Lérez / PontevedraViva

Oito citas, tanto diúrnas como nocturnas, formarán parte das rutas que se van a organizar en Pontevedra para coñecer a cidade desde unha perspectiva diferente: unha táboa de paddlesurf.

Estas rutas, que serán de carácter gratuíto, están organizadas por Turismo de Pontevedra en colaboración coa empresa Urban Culture Factory.

Estes singulares paseos, que están dirixidos a persoas de todas as idades, contarán cunha audioguía en tres idiomas (galego, castelán e inglés) onde os participantes irán descubrindo a medida que avanzan polo río e guiados por un monitor, a historia, oficios, enclaves, edificios, lendas, flora e fauna autóctona e información de interese turístico e cultural da cidade

Cun máximo de 8 persoas por ruta, as xornadas comezarán este vindeiro sábado 25 de xullo e rematarán o 29 de agosto.

A ruta diúrna terá unha duración dunhas tres horas e media. Recibirase aos participantes nas instalacións do Club Náutico, onde se colocarán todo o material de seguridade.

Daráselles unha charla básica sobre a seguridade na auga e o achegamento ao paddlesurf e, a continuación, os participantes irán á praia fluvial para iniciar a travesía pola canle do Lérez ata retornar ao náutico de onde parte a actividade.

Na travesía da noite o procedemento será o mesmo, aínda que a duración prevista é de dúas horas e 40 minutos.