O orzamento de 2025, do "diálogo sincero" de BNG e PSOE ás críticas de PP por "cronificar" problemas

Pontevedra
17 de febreiro 2025
Actualizado: 17:13

As contas, que ascenden aos 98,6 millóns de euros, foron negociadas por nacionalistas e socialistas. O PP rexeitáronas ao velas "perjudiciales e insolidarias" cos pontevedreses

Pleno municipal de Pontevedra no que se aprobaron os orzamentos de 2025
Pleno municipal de Pontevedra no que se aprobaron os orzamentos de 2025 / Mónica Patxot

Cumpriuse o guion previsto. Pontevedra xa ten orzamentos para 2025. Ascenderán a 98,6 millóns de euros, catro millóns máis (un 4,12%), que o ano anterior. As contas, pactadas por BNG e PSOE, foron aprobadas no pleno municipal deste luns.

O edil responsable da facenda municipal, Raimundo González, destacou que este orzamento é froito dun proceso de negociación "sincero" no que o PSOE "foi achegando moitas propostas" que se incorporaron ao documento.

Os populares, segundo González, desvinculáronse deste diálogo "nada máis comezalo", algo que ao seu xuízo sucedeu porque "lles deron ordes de que non negociasen nada", perdendo así a oportunidade, subliñou, de participar na confección destas contas.

Destacou que este orzamento aposta por un "futuro verde" para Pontevedra, con proxectos como o "cambio de paradigma" nos residuos, a renaturalización de espazos urbanos, a recuperación da fachada marítima ou a mellora da eficiencia enerxética.

Ademais, en materia de calidade de vida para os cidadáns citou propostas como o novo parque da Parda, as reformas da Rúa da Santiña, Casimiro Gómez ou Pasantería, o parque da Rúa Serra, a nova nave de piragüismo ou o acondicionamento da pasalera.

Haberá tamén un "traballo contante" no mantemento de espazos públicos ou unha aposta "clara, firme e decidida" pola promoción da cidade con eventos como os Feroz, o mundial multideporte de tríatlon ou festas e festivais que xera un retorno "de enorme magnitude".

A todo iso, Raimundo González sumou o incremento "substancial" en subvencións a clubs deportivos ou entidades sociais, que se conxelaron as taxas e impostos por undécimo ano, que se incremente o aforro ou que se cumpran todas as regras de estabilidade.

Os socialistas, como xa anunciaran, avalaron as contas para 2025, aínda que Iván Puentes advertiu que o seu apoio "non é un cheque en branco" e asegurou que o seu partido estará "vixiante" para que cumpran os acordos contemplados.

Puentes lembrou que o PSOE pactou unha trintena de medidas, centradas sobre todo en garantir servizos básicos "para todos", en política social, en economía e en obras urbanas. "É mellor ir avanzando en trinta e seguir pelexando as outras setenta que non avanzar", dixo.

O portavoz socialista defendeu que o obxectivo do seu labor de oposición é "falar, escoitar, acordar, dialogar e chegar a entendementos", lembrando que "non estamos por destruír o goberno municipal a toda costa e a caquera prezo" senón por mellorar a vida dos pontevedreses.

A este respecto, Iván Puentes cualificou como "cutre e inmoral" que o PP teña como único obxectivo tentar paralizar a administración municipal "e que todos os veciños estean cada vez peor", de forma que poidan gañar votos "a costa dos dereitos e do benestar da cidadanía".

O PP, que presentara unha emenda á totalidade, mantivo o seu rexeitamento a estas contas ao entender, segundo expresou Rafa Domínguez, que son "perjudiciales e insolidarias" cos pontevedreses e que van "en la dirección contraria" á que propoñen os populares.

Domínguez subliñou que era "inviable" chegar a un acordo para apoiar este orzamento porque do decálogo de medidas presentadas polo PP durante a fase de negociación "no se cumplía ni una parte mínimamente razonable".

O portavoz popular lamentou que as contas para 2025 vaian a "cronificar" os problemas de Pontevedra ou que non sirvan para mellorar de forma "significativa" a vida dos seus cidadáns, xa que "condenan a la ciudad a seguir en la decadencia en la que ha entrado en los últimos años".

"Todos los que esperaban con ilusión a estos presupuestos y creían que después de 24 años iba a ser su año, se pueden ir olvidando. No va a ser así", sentenciou o líder do PP, que citou os motivos polos que rexeitan este proxecto.

Así, entre outras cuestións, citou o "bajísimo" gasto social, que se "olvidan" do tráfico e dos aparcadoiros, que hai un "profundo castigo" ao deporte local, que "perpetúan" os problemas de seguridade ou que condenan a barrios e parroquias a "seguir degradándose".