Os alumnos da Escola de Enxeñería Forestal coñecen o proxecto de ampliación de Sogama

Pontevedra
11 de abril 2018

Tamén se lles explicou o cometido da nova planta de compostaxe industrial e os pormenores do programa de compostaxe doméstica promovido pola empresa pública na provincia de Pontevedra, que xa alcanza as 80 entidades adscritas e os máis de 2.900 composteiros repartidos

Os alumnos da Escola de Enxeñería Forestal visitan Sogama
Os alumnos da Escola de Enxeñería Forestal visitan Sogama / Sogama

Un ano máis, e como vén sendo habitual, os alumnos da Escola de Enxeñería Forestal de Pontevedra, acompañados polo profesor Luís Ortiz, visitaron o complexo medioambiental de Sogama en Cerceda para coñecer in situ as principais novidades vinculadas á súa xestión.

Alí puideron constatar o estado das obras correspondentes á ampliación desta infraestrutura, que inclúe unha nova planta de clasificación para o lixo en masa e a remodelación da actual nave de reciclaxe, tratamento e elaboración de combustible.

Con esta mellora, Sogama conseguirá multiplicar por catro a súa achega á reciclaxe e minimizar o uso do vertedoiro, pretendendo chegar ao vertido técnico cero.

Tamén se lles explicou o cometido da nova planta de compostaxe industrial e os pormenores do programa de compostaxe doméstica promovido pola empresa pública na provincia de Pontevedra, que xa alcanza as 80 entidades adscritas e os máis de 2.900 composteiros repartidos.