Os alumnos pontevedreses celebran os dereitos humanos

Pontevedra
10 de decembro 2018

As escolas asociadas á Unesco celebraron este luns no Pazo da Cultura un acto de conmemoración do 70 aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos

Os alumnos pontevedreses celebran os Dereitos Humanos
Os alumnos pontevedreses celebran os Dereitos Humanos / Mónica Patxot

As escolas asociadas á Unesco celebraron este luns no Pazo da Cultura un acto de conmemoración do 70 aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

O alcalde de Pontevedra, a subdelegada do Goberno, a deputada de Cohesión Social e Xuventude, a comisaria provincial da Policía Nacional ou director xeral de Centros da Xunta foron dando lectura a diferentes artigos deste documento histórico que guía o pensamento e a acción de todo o sistema das Nacións Unidas.

Pero o protagonismo principal tívoo o alumnado dos diferentes colexios que subiron ao escenario para mostrar o traballo que levaron a cabo nas aulas.

Leron poesía, interpretado cancións ou escenificado as súas propias reflexións nunha oportunidade especial para reafirmar os dereitos inalienables aos que todo ser humano ten dereito.

O alumnado compartiu as súas reflexións e discusións sobre como cada un pode defender os dereitos, cotidianamente e en todo o mundo. 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora