Os arrastres de terra colorean de marrón as augas do río Verdugo en Ponte Sampaio

Pontevedra
10 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

A cor marrón e a turbidez que mostraban este sábado as augas do río Verdugo fixeron saltar as alarmas entre algúns de veciños de Arcade e Ponte Sampaio

Os arrastres de terra colorean de marrón as augas do río Verdugo en Ponte Sampaio PontevedraViva

A cor marrón e a turbidez que mostraban este sábado as augas do río Verdugo fixeron saltar as alarmas entre algúns de veciños de Arcade e Ponte Sampaio.

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo informou que "dende o momento en que detectamos a alerta polo cambio de coloración no Río Verdugo, dende o goberno local estamos traballando cos diferentes operativos de emerxencias". 

Nun primeiro contacto explicaron ao rexedor que non se detectou mortandade nos peixes. 

A Policía Autonómica tranquilizou ao alcalde e a veciñanza ao confirmar que a cor marrón da auga do Verdugo débese á crecida do río motivada polas últimas choivas. 

"Trátase de arrastres de materia orgánica normal nestes episodios de choiva acumulada", sinalou Manu Lourenzo. "Seguimos pendentes, pero a información que nos vai chegando é tranquilizadora", engadiu.

Por último o alcalde agradeceu á cidadanía "a súa sensibilidade ambiental e colaboración". "Somos unha veciñanza marabillosa", destacou.