Os avogados chaman a concentrarse contra a Lei de Taxas, que os pontevedreses notan "día a día"

Pontevedra
19 de novembro 2013

O Colexio de Avogados invita a toda a cidadanía a unha concentración de rexeitamento fronte á Lei de Taxas Xudiciais. A protesta será ás 12.00 horas deste mércores 20 de novembro ante a Audiencia Provincial e nas sedes de todos os partidos xudiciais de Pontevedra

Día a día, en todos os despachos de avogados de Pontevedra nótase o impacto da Lei de Taxas Xudiciais. Chega un cliente e o letrado calcula o custo que supoñerá a súa defensa, pagar a defensa da parte contraria no caso de que perda e, a maiores, o importe das taxas xudiciais que debe pagar xa para presentar a demanda. Entregada a factura, son cada vez máis os cidadáns que se botan atrás e deciden non acudir á Xustiza.

A situación descríbea o decano do Colexio Provincial de Avogados, Ramón Jáudenes, que sinala que "es carísimo litigar" e "eso echa para atrás a la gente y hace que se cuestione: a mí no me compensa, me sale carísimo". A consecuencia é que se reduciu o número de causas xudiciais abertas no último ano, desde a publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE) hai xusto un ano este martes 19 de novembro.

Por este e outros motivos o Colexio de Avogados de Pontevedra invita a toda a cidadanía a unha concentración de rexeitamento fronte á Lei de Taxas Xudiciais. A protesta será ás 12.00 horas deste mércores 20 de novembro ante a Audiencia Provincial e nas sedes de todos os partidos xudiciais da provincia.

Jáudenes e o secretario do Colexio Provincial, Juan Carlos Abeigón Vidal, presentaron esta concentración cun chamamento á participación de todos os pontevedreses e, en particular, de todos os traballadores e profesionais vinculados ao mundo da xustiza, para "exteriorizar con ello nuestro rechazo y repulsa" á Lei de Taxas.

As concentracións reproduciranse en todas as sedes xudiciais de España convocadas polo Consello Xeral da Avogacía co fin de "informar como abogados a la ciudadanía de la gravedad y perniciosa incidencia de esta ley, pues la limitación del acceso a la justicia supone no sólo una vulneración del derecho fundamental a la tutela judicial efectiva, sino, y además, una restricción para exigir y hacer valer todos los demás derechos". 

Os avogados son "testigos de excepción de lo que ha supuesto la ley de tasas" e da "restricción del acceso a la Justicia que tienen nuestros clientes" e, como tales, queren exteriorizar na rúa "una postura firme y unánime" para que a cidadanía "sea consciente" das súas consecuencias.

Denuncian que a norma "ha materializado una injusta barrera para el acceso a la justicia"

Ramón Jáudenes deu lectura ao manifesto aprobado con motivo do "triste aniversario" desta lei sobre a que, un ano logo da súa publicación, "se han confirmado los peores augurios sobre su aplicación", pois privou a moitos miles de cidadáns do seu fundamental e constitucional dereito á tutela xudicial efectiva.

O documento denuncia que a medida "ha materializado una injusta barrera para el acceso a la justicia", ao que o decano dos avogados pontevedreses engade que, segundo datos do propio Ministerio de Xustiza, no último ano produciuse un redución do 24% na tramitación de causas xudiciais, vencellada coa Lei de Taxas. Esta porcentaxe significa que "ha materializado una injusta barrera para el acceso a la justicia"

Malia que se gravou o acceso á Xustiza, "no se ha penalizado el mal uso y abuso" que se fai, en ocasións, da mesma, pois "las empresas y los ciudadanos de holgada situación económica no han experimentado ninguna privación de ejecución del derecho". "Se ha favorecido el abuso e impunidad de las Administraciones Públicas, exentas del pago de las tasas" e, con todo, as persoas de menores recursos económicos non atoparon unha solución aos problemas na concesión á xustiza gratuita e o Ministerio "ha incumplido su compromiso de que el importe de las tasas se destinaría a mejorar la asistencia jurídica gratuita".

Os avogados conclúen que o obxectivo da Lei de Taxas "era y es puramente recaudatorio y disuasorio para el acceso a la justicia de los ciudadanos" e recordan que a contestación social foi unánime e hai cinco recursos e varias cuestións de inconstitucionalidade presentados. No momento actual, confían en que o Tribunal Constitucional tombe a normativa e piden que "agilice su respuesta".