A Mesa Intersindical de Bombeiros de Xestión Indirecta remitiron a Deputación, Xunta e á empresa Matinsa unha proposta de bases para regular a selección de persoal dos parques comarcais de bombeiros.
Matinsa, firma de Esther Koplowitz, gañou por 21,1 millóns de euros a adxudicación da xestión dos parques comarcais de bombeiros de toda a provincia, excepto o do Deza.
Os sindicatos UGT, CIG, Sindicato Independente de Bombeiros de Galicia e Comisións Obreiras, que forman esta Mesa, reclaman unha "selección limpa, transparente e debidamente publicitada" e da que resulten contratados "os mellores aspirantes e non aqueles que teñan os mellores contactos".
A Mesa critica que sexa a concesionaria a que regule as condicións de traballo dos bombeiros "confiamos en que non xurdan novas desculpas que aletarguen a negociación, pois moi posiblemente a paz social que se mantén dende 2011 acade xa ou seu fin", advirten.
Non todo son notas negativas, esta representación intersindical valora positivamente o incremento previsto en persoal, con oito novas contratacións, aínda que entende que segue sendo unha "cifra ridícula".