Os cans de Marín quedarán sen praia no verán

Marín
05 de abril 2021

Ata o próximo 14 de xuño, os donos dos cans non poderán levalos ás praias de Marín entre as doce da mañá e as oito da tarde. A partir desa data, estará totalmente prohibido en todo momento. Non poderán volver pisar os areais do municipio ata mediados de setembro

Sinal que limita os paseos dos cans polas praias

Ata o próximo 14 de xuño, os donos dos cans non poderán levalos ás praias de Marín entre as doce da mañá e as oito da tarde. A partir desa data, estará totalmente prohibido en todo momento.

Así consta na instrución aprobada polo Concello de Marín. Cando chegue o 16 de setembro e ata o 30 dese mesmo mes estará activo de novo o horario restrinxido entre as 12.00 e as 20.00 horas. E a partir de aí, de novo, os cans poderán volver aos areais durante todo o día.

Desde o goberno municipal insisten en que nos meses de xullo e agosto, e tamén na primeira quincena de setembro, estará prohibido baixar coas mascotas á praia a calquera hora.

É unha das medidas aprobadas, segundo destaca o Concello, para manter o medio ambiente limpo e respectar a contorna, apostando por unhas praias limpas.

A este respecto, a partir da próxima semana comezarán a repartirse as botellas para que os donos dos cans poidan recoller os seus ouriños.

Poderán recoller o material todas aquelas persoas da vila marinense que teñan censado ao seu animal no rexistro municipal.

Desde o Concello lembran que isto é un trámite de obrigado cumprimento, así como ter actualizados os datos do animal, polo que recomendan revisar esta cuestión.