Os composteiros de Ponte Boleira e Camiño do Ferro, en funcionamento desde mañá

Pontevedra
10 de abril 2018

As mestras composteiras estarán a partir das 17.30 horas a pé da instalación co fin de informar aos veciños sobre este proceso de tratamento de biorresiduos e aclarar dúbidas sobre o xeito correcto de selección do lixo en orixe ou calquera outro aspecto do proceso

Obras para a instalación de composteiro comunitario na rúa de Ferro
Obras para a instalación de composteiro comunitario na rúa de Ferro / PontevedraViva

Dous novos módulos comunitarios de compostaxe comezan a funcionar a partir de mañá, mércores 11 de abril. Trátase dos que o goberno municipal instalou, con certa oposición veciñal, en Ponte Boleira e Camiño do Ferro.

As mestras composteiras estarán a partir das 17.30 horas a pé da instalación co fin de informar aos veciños sobre este proceso de tratamento de biorresiduos e aclarar dúbidas sobre o xeito correcto de selección do lixo en orixe ou calquera outro aspecto do proceso.

O Concello asegura que estes dous novos centros responden ao éxito do situado en Eduardo Pondal, no cruzamento coa rúa Teixoeira, que desbordou todas as previsións xa que é o triplo do previsto na planificación inicial.

Ademais, atende á petición por escrito por parte de veciños e veciñas da zona interesados en compostar os seus biorresiduos.

A demanda de composteiros comunitarios vai a máis na cidade, apuntan desde o goberno municipal, e para facer fronte a esta demanda contrataranse catro persoas para atender os centros de compostaxe en exclusiva.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora